


A Garda Civil impartirá o vindeiro 24 de setembro unha sesión informativa sobre ciberseguridade dirixida a pais, nais e titores/as, cun enfoque práctico sobre os riscos aos que se enfrontan os menores na rede.
A contorna dixital presenta múltiples oportunidades, pero tamén riscos que requiren de prevención e coñecemento por parte das familias. Co obxectivo de ofrecer ferramentas e pautas para un uso seguro da tecnoloxía por parte dos máis pequenos, a nosa entidade organiza unha sesión informativa sobre ciberseguridade dirixida a pais, nais e titores/as.
O encontro terá lugar o vindeiro 24 de setembro ás 11:00 horas e contará coa participación de especialistas da Garda Civil. Durante a xornada abordaranse os perigos máis frecuentes aos que se enfrontan os menores na rede, así como recomendacións prácticas para previr situacións de risco e acompañar ás crianzas nun manexo responsable de Internet.
Reserva a túa praza
A inscrición pode formalizarse nas oficinas da entidade ou por teléfono:
Esta xornada enmárcase dentro das actividades de portas abertas dirixidas ao apoio familiar e á promoción dun contorno dixital protexido para a infancia. As prazas son limitadas, polo que se recomenda formalizar a inscrición antes da data límite.
O programa Familia e Comunidade é financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2026.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.