Portas Abertas abre o prazo de inscrición na súa oferta de actividades educativas para a infancia

A Garda Civil ofrecerá unha charla sobre ciberseguridade infantil dirixida a familias
08/09/2026
Mostrar todo

Portas Abertas abre o prazo de inscrición na súa oferta de actividades educativas para a infancia

Portas Abertas abre o prazo de inscrición nun novo programa de actividades educativas e de lecer para a infancia e a mocidade, con reforzo escolar, inglés, informática, manualidades e atención a necesidades educativas especiais.

Co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer formativo e desenvolvemento persoal no contorno rural, a entidade Portas Abertas pon en marcha un novo programa de actividades dirixido á infancia e á mocidade. A iniciativa está deseñada para que os nenos e nenas poidan aprender, crear, reforzar as súas capacidades e gozar dun espazo de encontro adaptado ás súas necesidades.

O programa combina obradoiros creativos, apoio educativo e dinámicas de lecer saudable, proporcionando ás familias un recurso conciliador e de calidade nas sedes da organización.

Actividades ofertadas

  • Reforzo escolar
  • Inglés
  • Manualidades
  • Obradoiros puntuais
  • Informática
  • Necesidades educativas especiais

Infórmate e inscríbete

Consulta horarios e prazas dispoñibles na sede que che corresponda:

Cartel das actividades extraescolares de Portas Abertas: reforzo escolar, inglés, manualidades, obradoiros puntuais, informática e necesidades educativas especiais, con teléfonos de Verín e Vilardevós
Cartel do programa. Descarga e comparte para difundir a convocatoria.

O Noso Espazo é un programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2026.

Ir al contenido