
O CDR Portas Abertas acollerá a presentación das conclusións da Investigación sobre as consecuencias do racismo estrutural das mulleres racializadas no medio rural, unha iniciativa impulsada por COCEDER para afondar na realidade e nos retos que enfrontan estas mulleres nas zonas rurais.
O acto terá lugar o vindeiro 23 de outubro ás 11:30 horas na sede do CDR Portas Abertas en Verín (Avenida de Laza, 42). Durante a xornada daranse a coñecer os datos recolleitos no diagnóstico específico realizado na comarca, que pon de manifesto a complexa situación de vulnerabilidade deste colectivo, así como a súa capacidade para tecer redes de apoio e fortalecemento comunitario no territorio.
O programa «Investigación sobre las consecuencias del racismo estructural de las mujeres racializadas en el medio rural» está financiado polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, dentro dos programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.