O Centro de Interpretación do Contrabando acolle diversas actividades do «Verán Activo» de Vilardevós

Sobre 2000 persoas se benefician do Programa de Atención ás Necesidades Básicas de Persoas do Medio Rural financiado pola Deputación de Ourense
16/07/2026
Mostrar todo

O Centro de Interpretación do Contrabando acolle diversas actividades do «Verán Activo» de Vilardevós

O vindeiro 14 de agosto, o concello de Vilardevós desenvolverá a xornada «Verán Activo», unha iniciativa cultural e de lecer que conta coa colaboración de Portas Abertas para a realización de varias das súas citas principais.

A programación arrancará ás 10:00 h na Praza do Cruceiro e na Rúa Xacinto Santiago coa Feira de persoas productoras locais, un espazo dedicado á artesanía e á gastronomía da zona que permanecerá aberto ata as 14:00 h.

A partir das 11:00 h, a actividade trasládase ao Centro de Interpretación do Contrabando, xestionado por Portas Abertas, onde terá lugar a presentación conxunta de cinco libros:

  • Adolescente utopía, de Marí Luz Pascual Gallego.
  • O Ouro Negro. A Historia das Minas de Vilardecervos, de Mikel Diéguez.
  • O Foie Gras. Unha Historia dos Gansos, de Silverio Tallón.
  • Lágrimas de Limo, de Tálamo.
  • El príncipe Lagarto, de Marcos Dosantos.

Máis tarde, ás 12:00 h, o Museo da Oliveira abrirá as súas portas para acoller a exposición «Educación en Femenino», unha iniciativa impulsada a través do programa DELAS de Portas Abertas para poñer en valor o papel histórico e educativo das mulleres.

A xornada completaráse pola tarde na Praza do Cruceiro cun Cabaret Infantil ás 18:00 h e culminará ás 20:30 h coa Andaina nocturna «A ruta da Serra».

Con esta colaboración, Portas Abertas reafirma o seu compromiso co dinamismo cultural, a posta en valor do patrimonio local e a dinamización social de Vilardevós.

Ir al contenido