Preto de 200 persoas únense para camiñar en comunidade na V Xuntanza Interxeracional e Multicultural

Vilardevós acollerá unha andaina polas súas paisaxes naturais o vindeiro 31 de maio
07/05/2026
Mostrar todo

Preto de 200 persoas únense para camiñar en comunidade na V Xuntanza Interxeracional e Multicultural

O pasado domingo 17 de maio, as rúas e paisaxes de Vilaza convertéronse no escenario dunha xornada inesquecible. Preto de 200 persoas déronse cita para participar na V Xuntanza Interxeracional e Multicultural: Camiñando en comunidade, unha iniciativa impulsada polo Centro de Desenvolvemento Rural (C.D.R.) Portas Abertas que superou todas as expectativas de participación e convivencia.

O obxectivo principal do evento, que era transformar o deporte e o contacto coa natureza nun punto de unión para a comarca, cumpriuse con creces. Veciños e veciñas de diferentes xeracións e procedencias culturais compartiron quilómetros de conversas, risas e experiencias, demostrando que a diversidade é un dos motores máis firmes para facer comunidade no rural.

O éxito desta quinta edición foi posible grazas ao esforzo colectivo e á implicación do tecido local e institucional. Dende a organización quese facer un agradecemento público ao Concello de Monterrei e á súa Oficina de Turismo, cuxo respaldo loxístico e facilidades foron fundamentais para o correcto desenvolvemento de toda la xornada.

Así mesmo, os participantes puideron manter as forzas e a hidratación durante o percorrido grazas á colaboración de Auga de Sousas, que achegou o avituallamento necesario para os camiñantes.

Esta actividade forma parte dos programas 𝑨𝒍𝒅𝒆𝒂𝒔 𝒂𝒄𝒕𝒊𝒗𝒂𝒔, 𝑮𝒂𝒍𝒊𝒄𝒊𝒂 𝑨𝒄𝒐𝒍𝒍𝒆𝒅𝒐𝒓𝒂, 𝑪𝒐𝒏𝒄𝒊𝒍𝒊𝒂 𝑹𝒖𝒓𝒂𝒍, 𝑭𝒂𝒎𝒊𝒍𝒊𝒂 𝒆 𝑪𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆, 𝑪𝒐𝒔 𝑴𝒆𝒖𝒔 𝒑𝒆𝒓𝒄𝒊𝒃𝒐, 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒓𝒆𝒏𝒅𝒐, 𝒍𝒆𝒎𝒃𝒓𝒐 𝒆 𝒂𝒑𝒓𝒆𝒏𝒅𝒐, 𝒆 𝑼𝒏𝒊𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒂 𝑫𝒊𝒗𝒆𝒓𝒔𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆: 𝑪𝒐𝒏𝒔𝒕𝒓𝒖𝜾́𝒏𝒅𝒐 𝑪𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆, financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025.

Ir al contenido