Vilardevós acollerá unha andaina polas súas paisaxes naturais o vindeiro 31 de maio

Portas acolle unha xornada de emprendemento inclusivo e servizos para a terceira idade
23/04/2026
Mostrar todo

Vilardevós acollerá unha andaina polas súas paisaxes naturais o vindeiro 31 de maio

O vindeiro domingo 31 de maio, o municipio de Vilardevós será o escenario dunha andaina polas paisaxes da localidade, unha iniciativa organizada polo Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas. O obxectivo do evento é convidar a veciños e visitantes a gozar da contorna natural da zona a través do deporte e o contacto directo co medio ambiente.

A organización preparou dous itinerarios, ambos de carácter circular, para que cada participante poida elixir a opción que mellor se adapte á súa condición física. A primeira proposta é unha ruta de 18 quilómetros con dificultade media-alta, mentres que a segunda é unha ruta de 8 quilómetros con dificultade baixa, ideal para quen busque un paseo máis accesible.

A xornada comezará ás 9:00 horas, con saída da Praza do Cruceiro de Vilardevós. O percorrido seguirá en dirección a San Roque, subindo ao emblemático Salto do Cabalo, baixando despois ata a ermida de Portas Abertas e rematando nas Picotas, (a ruta corta non subirá ao Salto do Cabalo, seguirá ata Vilardevós). 

Inscricións e loxística Para participar nesta actividade, é necesario realizar a inscrición previa ata o día 28 de maio. O prezo da inscrición é de 5 euros, importe que inclúe o seguro da actividade e o avituallamento.

Os puntos de inscrición dispoñibles son:

  • Oficinas do C.D.R. Portas Abertas en Vilardevós (988 417 232).
  • Oficina do C.D.R. Portas Abertas en Verín (Avda. Laza, 42 – 988 540 590).
  • Tenda Multisport en Verín.

Esta iniciativa conta co apoio de Protección Civil de Vilardevós, Cabreiroá e Multisport, reafirmando o compromiso do CDR Portas Abertas coa dinamización do territorio.

Esta actividade se integra no 𝝦𝙧𝗼𝗴𝙧𝖺𝗺𝖺 𐌉𝗇t𝗲𝗴𝙧𝖺𝗹 𝖽𝗲 𐌉𝗇t𝗲𝙧𝘃𝗲𝗇𝖼𝗂𝗼́𝗇 𝖼𝗼𝗺𝗎𝗇𝗂t𝖺𝙧𝗂𝖺 𝗇𝗼 𝗺𝗲𝖽𝗂𝗼 𝙧𝗎𝙧𝖺𝗹, que está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025.

Ir al contenido