

No marco das accións de sensibilización do programa O Noso Espazo, sumámonos á conmemoración do Día da Atención Temperá, que se celebra o vindeiro 16 de xuño baixo o lema «A hora do recoñecemento profesional». Con esta iniciativa, a entidade busca visibilizar e poñer en valor o compromiso de todas as persoas profesionais que acompañan diariamente ás nenas, nenos e ás súas familias nesta etapa crucial do desenvolvemento.

A Atención Temperá conta xa cunha traxectoria consolidada en España. Tras fitos históricos como a publicación do Libro Branco no ano 2000 , o recente acordo estatal para a mellora do sector (2025) e o desenvolvemento dun sistema unificado de estándares de calidade en 2026, o foco sitúase agora no factor humano. Como reflicte o manifesto do Grupo de Atención Temperá (GAT), as familias identifican este servizo esencial directamente co «nome e apelidos» das e dos profesionais que coordinan cada caso, máis alá dos modelos asistenciais concretos que se utilicen.
Por este motivo, dende o programa O Noso Espazo quérese destacar o conxunto de competencias e calidades humanas que definen a esta profesión e que fortalecen o vínculo diario coas familias:
Despois de 25 anos de traxectoria da Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá, este 16 de xuño convértese nunha data idónea para que familias e profesionais unan as súas voces.
O programa O Noso Espazo é inanciado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas
á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributariado 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.