Portas acolle unha xornada de emprendemento inclusivo e servizos para a terceira idade

Vilaza acolle a V Xornada Interxeracional e Multicultural 
21/04/2026
Mostrar todo

Portas acolle unha xornada de emprendemento inclusivo e servizos para a terceira idade

O rural non só ten futuro, senón que as súas persoas maiores son pezas clave para o cambio social e económico. Baixo esta premisa celebrouse a xornada «Potenciando os recursos do territorio: servizos esenciais para a pobación rural», organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín en colaboración co CDR Portas Abertas.

O evento contou coa participación institucional de Marta Vázquez, Directora Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da provincia de Ourense, quen acompañou a un nutrido grupo de emprendedoras da comarca e representantes de entidades do terceiro sector, como Cruz Vermella. Desde a organización, quíxose agradecer especialmente o labor da técnica do Polo de Emprendemento, Ánxela Torres, polo seu papel fundamental na coordinación desta iniciativa.

Un dos momentos máis emotivos da mañá foi o obradoiro de Xogo de Fíos, impartido por Lorena Quintas Rejo. As persoas usuarias de Portas Abertas puideron descubrir como as capacidades persoais e o talento individual poden transformarse en proxectos reais de emprendemento inclusivo. Os participantes experimentaron de primeira man a técnica de fío que utiliza Lorena, creando as súas propias pezas nun ambiente de intercambio e creatividade.

A xornada concluíu cunha mesa de diálogo que serviu de punto de encontro entre o sector público, entidades sociais, profesionais e empresas culturais. O debate centrouse na necesidade de fortalecer os servizos para a terceira idade e potenciar o ecosistema emprendedor da zona. Deste intercambio xurdiron propostas innovadoras e sinerxías que prometen dar continuidade ao traballo en rede na comarca.

Ir al contenido