

Portas Abertas desenvolve un ano máis o PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE VERÁN, no que nenos e nenas da comarca de Monterrei arrancan estas semanas estivais compartindo xogos, risas, obradoiros e divertidas actividades integradas dentro do programa Concilia Rural.
Con esta iniciativa, a ludoteca convértese no espazo perfecto para que os máis pequenos desfruten dunhas vacacións inesquecibles cheas de diversión e aprendizaxe, mentres se ofrece unha alternativa real e eficaz para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar en Portas.
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e do imposto de sociedades.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.