A Unión de Asociacións Rurais «Terra e Xente» reúnese en Lalín 

O programa Conciliación Verán arranca en Verín  para apoiar ás familias da comarca
26/06/2026
Mostrar todo

A Unión de Asociacións Rurais «Terra e Xente» reúnese en Lalín 

O pasadovenres 3 de xullo, o Centro Sociocultural da rúa Manuel Rivero de Lalín acolleu unha nova xuntanza de traballo da Unión de Asociacións Rurais «Terra e Xente», unha xornada presencial que serviu para estreitar lazos, coordinar estratexias e seguir impulsando o desenvolvemento integral do medio rural.

Na reunión participaron membros de cada unha das entidades que integran a Unión. Cabe lembrar que este proxecto común naceu en maio de 2017 unindo o esforzo de catro entidades de referencia no territorio: CDR Ancares, Asociación Euro Eume, CDR Portas Abertas e CDR O Viso. 

Recentemente sumáronse o CDR As Poldras e o proxecto Eomaia (nai do amencer) de Covelo (Pontevedra).

Ir al contenido