

Saír a observar a natureza e pararse a escoitar os sons que destacan máis alá do silencio. Baixo esta premisa tivo lugar este pasado domingo 14 de xuño unha xornada moi especial en Arzoá, organizada pola asociación Portas Abertas, que logrou reunir a persoas interesadas en conectar co medio natural e descubrir a riqueza ornitolóxica da zona.
O obxectivo principal do encontro foi aprender a identificar algunhas das aves máis características da contorna, prestando especial atención aos seus cantos e ao seu comportamento no hábitat local. Porén, a xornada foi moito máis alá dunha simple aula de campo: converteuse nun espazo de diálogo vivo no que se compartiron saberes, historias e experiencias entre todas as persoas asistentes, enriquecendo a actividade co coñecemento colectivo.
O éxito desta iniciativa non tería sido posible sen a implicación desinteresada de persoas clave do proxecto. Dende Portas Abertas quese facer un agradecemento público e moi especial a Xosé Ramón Reigada, afeccionado e voluntario da asociación, quen actuou como guía da xornada e contaxiou a súa paixón pola ornitoloxía, introducindo ao grupo neste fascinante mundo con gran xenerosidade e dedicación. Tamén a Paulinha de Arzoá, cuxo apoio e colaboración foron fundamentais para a correcta organización e o bo desenvolvemento de toda a actividade no terreo.
O programa Voluntariado Ambiental e financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.