

O vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, o CDR Portas Abertas celebrará a V Xornada Interxeracional e Multicultural na localidade de Vilaza. Esta iniciativa busca, un ano máis, crear un espazo de encontro entre diferentes xeracións e culturas, poñendo en valor o patrimonio local e a convivencia comunitaria.
A programación da xornada está deseñada para ser accesible a todos os públicos e consta de dúas partes principais:
A actividade dará comezo ás 16:00 horas cunha ruta circular que partirá da alameda de Vilaza. Durante o percorrido, as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer de preto a contorna e a riqueza histórica da zona, visitando puntos de interese como o Castro de Lobarzán, diversas igrexas e os emblemáticos pazos da localidade.

Ao rematar o percorrido, arredor das 17:30 horas, a actividade trasladarase de novo á alameda de Vilaza. Alí terá lugar unha xuntanza comunitaria que contará con merenda, música en directo e xogos tradicionais, co obxectivo de fomentar a interacción entre veciños, veciñas e visitantes de todas as idades.
Para facilitar a organización do evento, as persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 13 de maio. O proceso pode realizarse de xeito presencial nas nosas oficinas ou a través dos seguintes números de contacto: 988 540 590/ 988 417 232.
Esta actividade forma parte dos programas 𝑨𝒍𝒅𝒆𝒂𝒔 𝒂𝒄𝒕𝒊𝒗𝒂𝒔, 𝑮𝒂𝒍𝒊𝒄𝒊𝒂 𝑨𝒄𝒐𝒍𝒍𝒆𝒅𝒐𝒓𝒂, 𝑪𝒐𝒏𝒄𝒊𝒍𝒊𝒂 𝑹𝒖𝒓𝒂𝒍, 𝑭𝒂𝒎𝒊𝒍𝒊𝒂 𝒆 𝑪𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆, 𝑪𝒐𝒔 𝑴𝒆𝒖𝒔 𝒑𝒆𝒓𝒄𝒊𝒃𝒐, 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒓𝒆𝒏𝒅𝒐, 𝒍𝒆𝒎𝒃𝒓𝒐 𝒆 𝒂𝒑𝒓𝒆𝒏𝒅𝒐, 𝒆 𝑼𝒏𝒊𝒅𝒐𝒔 𝒏𝒂 𝑫𝒊𝒗𝒆𝒓𝒔𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆: 𝑪𝒐𝒏𝒔𝒕𝒓𝒖𝜾́𝒏𝒅𝒐 𝑪𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆, financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.