O CDR Portas Abertas inicia o proxecto de investigación «Mujer Rural DA+»

Portas Abertas acolle en Verín o curso «Internet Seguro para Menores»
12/03/2026
Mostrar todo

O CDR Portas Abertas inicia o proxecto de investigación «Mujer Rural DA+»

Comeza o proxecto «Mujer rural DA+: Investigación sobre acompañamiento afectivo a las mujeres vulnerables», unha iniciativa de ámbito estatal que nace co obxectivo de profundar nas realidades e necesidades das mulleres que habitan o medio rural.

Esta investigación busca identificar as claves para un acompañamento afectivo eficaz, poñendo o foco naquelas mulleres que se atopan en situacións de especial vulnerabilidade. O proxecto aspira a que os resultados obtidos se convertan nunha ferramenta fundamental para deseñar estratexias que permitan loitar contra a soidade non desexada, un dos maiores retos sociais da nosa contorna.

O proxecto desenvolverase de forma conxunta con diversos centros de COCEDER: CDR Afa Bierzo, CDR Almanzor, CDR Alt Maestrat, CDR Carrión de los Condes, Cerujovi, CDR El Sequillo, Asociación Cultural Grío, Centro El Remós Guayente e CDR Sastipem thaj Mestapem.

Para acadar un impacto real na calidade de vida das mulleres rurais, a investigación centrarase en tres eixes fundamentais:

  • Análise da situación actual: Diagnosticar a realidade da vulnerabilidade e a soidade no contorno rural.
  • Metodoloxías innovadoras: Probar novas formas de intervención e acompañamento que poidan ser replicadas con éxito noutros territorios.
  • Transferencia de coñecemento: Reunir aprendizaxes, boas prácticas e recomendacións para que poidan ser integradas nas políticas públicas e nos servizos rurais.

Desde o CDR Portas Abertas convidase á participación e colaboración de todas as mulleres da nosa comarca, xa que as súas experiencias e voces son o piar sobre o que se construirán solucións reais e transformadoras.

Este proxecto está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para a realización de Actividades de Interese Xeral con cargo á Asignación Tributaria do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e cofinanciado no marco do Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza, pola UNIÓN EUROPEA CCI 2021ES05SFPR003 na operación «COMUNIDADES INCLUSIVAS: SOLUCIÓNS INNOVADORAS DE COIDADO E APOIO NO MEDIO RURAL».

Ir al contenido