Curso de poda, poda en verde e traballos en bodega

Comenzan os Itinerarios Integrais Contra o Despoboamento Rural e a Inclusión Social
31/01/2025
Comenza o programa ‘Todos los pueblos, Todas las personas, Todos los Derechos’
07/02/2025
Mostrar todo

Curso de poda, poda en verde e traballos en bodega

As persoas interesadas en buscar emprego e formación xa poden inscribirse nos Itinerarios de Inserción Laboral e Social (Programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza).

O primeiro será o Curso de poda, poda en verde e traballos en bodega, que terá lugar a partir do día 13 de marzo nas nosas instalacións da Avenida de Laza nº42.

A formación ten unha duración de 30 horas repartidas nos días 13, 14, 15, 21, 22, 28, 29 de marzo e 4 e 5 de abril. A sesión inicial do xoves día 13, e as dos venres serán en horario de tarde; as sesións dos sábados realizaránse en horario de mañá.

Para máis información. chamar ao 𝟗𝟖𝟖𝟓𝟒𝟎𝟓𝟗𝟎.

Os itinerarios integrais contra o despoboamento rural e inclusión social concedidos a COCEDER están enmarcados no Programa Estatal de FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003), son gratuitos, cofinanciados pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude.

Ir al contenido