Comenzan en Portas Abertas os Itinerarios Integrais Contra o Despoboamento Rural e a Inclusión Social.
Estos itinerarios concedidos a COCEDER están enmarcados no Programa Estatal de FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003) son gratuitos, cofinanciados pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Estes Itinerarios teñen por obxectivo promover a inclusión social das persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social, mediante o seu desenvolvemento persoal, social e laboral.
Neste programa atoparás:
Itinerarios de Inserción Laboral
Itinerarios de Inserción Social
Itinerarios de Garantía Infantil e Xuvenil
Accións de apoio e reforzo educativo
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.