

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas participa como un dos centros colaboradores no programa estatal «Sementando igualdade: contra a violencia oculta, invisible e normalizada no medio rural». Esta iniciativa, impulsada por COCEDER e financiada polo Ministerio de Igualdade, tense despregado en 11 comarcas rurais pertencentes a 7 Comunidades Autónomas.
O proxecto fundaméntase na necesidade de ampliar o coñecemento social sobre as distintas manifestacións da violencia contra as mulleres, co foco posto en poñer luz sobre aquelas formas de violencia máis invisibilizadas e normalizadas na contorna rural. Do mesmo xeito, entre os seus eixes prioritarios atópase o fomento dunha cultura de igualdade e respecto xa dende a infancia.
Coa súa participación dende o medio rural galego, o CDR Portas Abertas contribúe activamente á sensibilización comunitaria, á prevención da violencia de xénero e á construción dunha sociedade máis igualitaria. Dado que a violencia de xénero constitúe unha grave vulneración dos dereitos humanos e un problema social de primeira orde, a entidade salienta a importancia da implicación de toda a cidadanía para lograr a súa definitiva erradicación.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.