[responsivevoice_button voice=»Spanish Female» buttontext=»Escoitar a entrada»]
Compañeiras do CDR Portas Abertas e dos centros do medio rural español integrados en COCEDER participaràn o vindeiro 31 de maio nunha xornada que leva por título “Buenas prácticas en modelos de cuidado comunitario”, organizada por COCEDER no marco do proxecto piloto Biocuidados. Con este encontro preténdese crear un espazo que facilite a transferencia de coñecementos sobre experiencias que se realizaron e se realizan na actualidade de activación da comunidade para a prestación de coidados ás persoas, en diferentes entornos rurais e con diversos sectores da poboación.
Así, ademais das experiencias dos centros de desenvolvemento rural (CDR) pertencentes a COCEDER, espérase a participación doutras entidades do Terceiro Sector e institucións convidadas. Cocemfe, Agrodinamo e Asdecoba participarán na primeira mesa redonda sobre boas prácticas de integración na comunidade seguindo o modelo de atención integral centrada na persoa (AICP).Tamén se falará dunha nova función profesional, dinamizadores comunitarios, coa participación de diversos traballadores neste programa.
Entendemos por boas prácticas en innovación social aquel conxunto de accións, cuxa finalidade é mellorar as condicións sociais, que desenvolven solucións novas e/ou creativas, demostran un impacto positivo, son sostibles e replicables. Por este motivo, preténdese que este lugar de encontro sexa un espazo colaborativo de intercambio de experiencias, onde se poidan achegar iniciativas e ideas de mellora e detectar as prácticas máis adecuadas e susceptibles de rápida transferibilidade, no ámbito da activación comunitaria.
«Biocoidados, novos modelos de atención da comunidade, centrados na persoa, no medio rural” é un programa de innovación, promovido por Coceder en materia de desinstitucionalización e prevención da institucionalización que se está a implantar en 18 territorios rurais de nove comunidades autónomas cos seus centros de desenvolvemento rural asociados.
Este proxecto está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais e á Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU. Esta xornada tamén está incluída nos programas de interese social (con carácter solidario, outros fins de interese social).
Así mesmo, o día 1 de xuño celebrarase a XXXIII asamblea anual da entidade, na que se rendirán contas e se programarán as accións de futuro mediante o debate e previsible aprobación do Plan Estratéxico de COCEDER 2024- 2026.