Participa na consulta para a Estratexia estatal de desinstitucionalización. ¡Necesitamos a túa opinión!

“Biocuidados”, un proxecto rural, enfocado nas persoas e con perspectiva comunitaria
03/05/2023
O CDR PORTAS ABERTAS asistirá o próximo encontro de Biocuidados  e a XXXIII asamblea de COCEDER que se celebrarán o 31 de maio e 1 de xuño.
26/05/2023
Mostrar todo

Participa na consulta para a Estratexia estatal de desinstitucionalización. ¡Necesitamos a túa opinión!

O CDR Portas Abertas e COCEDER anima a participar na consulta pública, que está a levar a cabo, no marco do deseño da Estratexia estatal de desinstitucionalización para unha boa vida na comunidade.

Está dirixida a calquer persoa relacionada cos diferentes grupos de poboación aos que se dirixe esta estratexia: persoas maiores, persoas con discapacidade, persoas en situación de sinhogarismo, nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección.

Nela, poden participar persoas que teñan unha experiencia persoal de institucionalización ou sexan susceptibles de tela, os seus coidadores, profesionais do sector social, persoas expertas ou que brinden apoio ou servicios a estos grupos de poboación, e toda aquela persoas que teña interés en participar no desenvolvemento da Estratexia estatal de desinstitucionalización.

PREME NA IMAXE.

Interésanos contar coa opinión de todas as persoas, por eso é de vital importancia contar co máximo de opinións, para deste modo obter uns resultados robustos que apoien o desenvolvemento da Estratexia.

Pedimos a vosa axuda para darlle a maior difusión posible a esta enquisa compartindo o enlace entre todos os vosos contactos, podendo compartilo a través de redes sociais, páxinas web ou calquer outro canle de comunicación que se considere oportuno.

CDR Portas Abertas e COCEDER  colaboran con esta estratexia de desinstitucionalización desde outra liña de traballo e dándolle unha perspetiva rural co noso proxecto piloto de innovación chamado Biocuidados: novos modelos de coidados prestados pola comunidade, centrados na persoa, en entornos rurais. Este proxecto de innovación está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaria do Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU.

Ir al contenido