Servizo integral de apoio e asesoramento para o asentamento e fixación de novas persoas poboadoras no medio rural.
Dende este programa, proporcionamos asesoramento, formación, orientación e acompañamento a persoas que queiran vivir no medio rural, persoas que xa viven e novas persoas poboadoras e/ou emprendedoras.
Tamén captamos vivendas en aluguer ou en venda, terras e negocios para ofertar as posibles novas persoas poboadoras/emprendedoras.
Contacta con nós para máis información e asesoramento:
SEDE VILARDEVÓS: Rúa Xacinto Santiago, 23. Vilardevós.
Tlf: 988417232
SEDE VERÍN: Rúa Mariano Carrero, 10, Verín
Tlf 988989508
Tamén podes escribirnos un correo electrónico a rural@cdrportasabertas.org