“Biocuidados”, un proxecto rural, enfocado nas persoas e con perspectiva comunitaria

O CDR Portas Abertas impulsa a modernización e a transformación dixital para o desenvolvemento integral no medio rural.
02/05/2023
Participa na consulta para a Estratexia estatal de desinstitucionalización. ¡Necesitamos a túa opinión!
03/05/2023
Mostrar todo

“Biocuidados”, un proxecto rural, enfocado nas persoas e con perspectiva comunitaria

Hoxe queremos falar do Proxecto “Biocuidados”: Novos modelos de coidados prestados á comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais, concedido a esta entidade a través de COCEDER.

Dende o CDR Portas Abertas, vimos traballando dende hai máis de 30 anos por e para as persoas, centrándonos na comunidade e mobilizando a mesma. Sen embargo, o Proxecto “Biocuidados” dende os seus inicios, no ano 2022, deunos un novo pulo, novos recursos e profundizar máis no traballo que xa viñamos desenvolvendo.  Desta maneira, permitiunos chegar a máis persoas e ofrecer unha atención máis individualizada a cada unha delas.

Este é un proxecto piloto, que ten como fundamento a Atención Integral Centrada na Persoa e a mobilización de recursos comunitarios para dar resposta ás necesidades das persoas participantes e da propia comunidade. Ademáis, contamos coa colaboración de 11 Universidades españolas para avaliar o traballo realizado e extraer conclusións que poidan transformar as políticas de acción social no futuro.

Neste momento, continuamos coa fase de intervención, na que as persoas participantes (14 persoas residentes en diferentes aldeas do Concello de Vilardevós) están a desenvolver os seus plans de vida, co apoio do persoal de “Biocudados” e a activación da Comunidade.

Dende o traballo de campo realizado ata o momento, podemos extraer que a maioría das persoas o que desexan é sentirse acompañadas e apoiadas, tanto dentro do seu fogar coma fóra del. Neste senso ten especial relevancia a proximidade ou non de recursos e a presencia ou asencia de transporte, que en moitas ocasións limita os propios plans de vida das persoas. Dende “Biocuidados”, estamos emprendendo accións destinadas a salvar estas dificultades e moitas outras.

Admáis dos beneficios que está aportando este proxecto ás persoas participantes, temos que falar tamén dos beneficios para as profesionais que nel traballamos, xa que nos ofreceu a posibilidade de escoitar máis á comunidade e disfrutar cada día do contacto coas persoas participantes, enfocando o traballo dende a serenidade, a observación, a escoita activa e a humanidade. Coa nosa labor estamos previndo e evitando situacións de soidade non desexada.

Dende aquí, queremos facer, tamén, un chamamento aos nosos veciños e veciñas para continuar creando comunidade e non esquecernos dos valores que estiveron sempre presentes no medio rural e que, mantendoos vivos podemos seguir facendo que as peroas que conformamos dita comunidade, poidamos cumprir cos nosos plans de vida e apoiarnos como se fixo sempre. Estamos abertas á escoita de propostas, que nos podedes facer chegar a través das redes sociais, correo e/ou teléfono da entidade.

Proxecto piloto y promovido por COCEDER vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado de Ministerio de Derechos Sociales e Axenda 2030, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU e cofinanciado pola Xunta de Galicia, con cargo á asignación do 0,7% do IRPF e o imposto de sociedades.

Proxecto piloto y promovido vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado de Ministerio de Derechos Sociales e Axenda 2030, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU e cofinanciado pola Xunta de Galicia, con cargo á asignación do 0,7% do IRPF e o imposto de sociedades.
Ir al contenido