O CDR Portas Abertas asiste ao I Encontro de “Biocuidados”

O CDR Portas Abertas e a Universidade de Santiago de Compostela reúnense para seguir traballando no Proxecto “Biocuidados”
11/11/2022
Abertas inscricións para novo itinerario con formación en poda e bodega, e informática.
09/01/2023
Mostrar todo

O CDR Portas Abertas asiste ao I Encontro de “Biocuidados”

Os días 29 e 30 de novembro, na localidade aragonesa de Codos (Zaragoza), celebrouse o I Encontro de “Biocuidados” ao que acudiron, 3 profesionais do CDR Portas Abertas, entre otras  80 persoas de COCEDER e seus centros de desenvolvemento rural asociados a este programa.

Este primeiro encontro realizouse de forma presencial, o que favoreceu o coñecerse tódalas profesionais participantes, chegadas dende distintos puntos de España nos que se está implementando este programa, en 18 territorios, entre eles o CDR Portas Abertas.

No encontro puidemos analizar a traxectoria, ata o de agora, do Programa de “Biocuidados”, así como os resultados e retos futuros. Entre outras, tiveron lugar varios obradoiros prácticos que reforzaron a colaboración e a cocreación en equipos, centrándonos, especialmente na perspectiva comunitaria. 

Tamén houbo espazo para escoitar as testemuñas de persoas participantes, de familiares e de outros axentes da comunidad rural, a súa avaliación e o impacto de “Biocuidados” nas súas vidas.  Gorka Epiau Idoiaga, director de Agirre Center, impartiu unha charla titulada “A transformación social a través dos procesos de innovación” que amosou en termos sinxelos cómo encaixa a metoloxía e as accións do Programa “Biocuidados” coa innovación e a necesidade de seguir experimentando e recollendo os cambios que se van producindo.

Biocuidados”, novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais” é un programa de innovación, promovido por Coceder en materia de prevención da institucionalización, desinstitucionalización e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no ámbito de coidados. Este proxecto está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de la Secretaría de Estado de Derechos Sociales del Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.

Ir al contenido