O CDR Portas Abertas e a Universidade de Santiago de Compostela reúnense para seguir traballando no Proxecto “Biocuidados”

Proceso de selección: psicólogo/a
02/11/2022
Mostrar todo

O CDR Portas Abertas e a Universidade de Santiago de Compostela reúnense para seguir traballando no Proxecto “Biocuidados”

No marco do proxecto de «Biocuidados», o pasado venres, recibimos a visita da  Universidade de Santiago de Compostela. Dende a USC acudiron David Gacía Romero, investigador postdoutoral e Alexandre Sotelino Losada como profesor contratado e doutor. Ámbolos dous pertencentes ao Grupo de Investigación ESCULCA da USC. Resultou unha reunión moi productiva, na que tivemos a oportunidade de intercambiar información sobre o desenvolvemento do proxecto e aportar melloras. 

O Proxecto “Biocuidados”: Novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa en contornas rurais é un proxecto que se ven desenvolvendo dende o mes de xaneiro do presente ano, coordinado por COCEDER e levado a cabo en 18 centros de desenvolvemento rural de toda España. O obxectivo de dito proxecto é previr a institucionalización, empregando os recursos comunitarios e traballando dende unha filosofía de Atención Integral Centrada na Persoa.  Pretende un cambio de modelo nos Servizos Sociais, por elo leva parello un traballo de investigación que as 11 Universidades participantes están tentando de procedimentar.

Proxecto vinculado a Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, de la Secretaría de Estado del Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, e financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU