Participamos nas I Xornadas de Emprendemento e Orientación Profesional do IES García Barbón

CURSO 15 e 16 de outubro: Xestión económica e contable de empresas do medio rural
15/09/2021
Mostrar todo

Participamos nas I Xornadas de Emprendemento e Orientación Profesional do IES García Barbón

Os días 19, 27 de outubro e o 11 de novembro o IES García Barbón de Verín celebra as I Xornadas de Emprendemento e Orientación. Na xornada do 27 de outubro tivemos a oportunidade de falar sobre a nosa entidade e a nosa visión da orientación laboral na mesa redonda que compartimos con Cristina Silva Souto (profesora titular de Formación e Orientación Laboral do IES García Barbón), Daniel Veiga Martínez (orientador do IES García Barbón), Julia Morales Ojea (axente de emprego e desenvolvemento local) do Concello de Verín) e Carlos Manso Fernández (orientador laboral da UXT Verín). Pola nosa parte asisitiu Lucía Aparicio Castro, orientadora dos «Itinerarios integrados contra a despoboación» que levamos a cabo no marco do Programa POISES.

Podedes visitar a web do IES García Barbón para atopar a súa interesante oferta formativa e recursos para a orientación:

http://garciabarbonverin.blogspot.com.es/

Tras dar a coñecer ante o alumnado do IES García Barbón as entidades nas que traballamos e como é o noso día a día, fomos respondendo a algunhas preguntas que consideramos que poden dar a coñecer a orientación e achegala ó estudantado que moi pronto estará accedendo o mercado laboral por primeira vez na súa vida ou de novo tras cursar formación profesional.

Tras participar nestas xornadas, compartimos aquí algunhas ideas postas en común:

A orientación como a gran descoñecida. Que é, que non é, cales son as súas utilidades?

A orientación pode confundirse ás veces cunha parte do proceso, como a elaboración dun curriculum, o acceso a ofertas de emprego dunha bolsa de emprego, ou erróneamente «dar traballo». Esta percepción errónea normalmente vén do descoñecemento, e é unha das primeiras tarefas que facemos as orientadoras cando recibimos a unha persoa usuaria, explicarlle que a orientación é un proceso integral, individualizado, de acompañamento e asesoramento. Así explicamos os itinerarios de inserción sociolaboral como un proceso no que partindo do análise e diagnóstico da empregabilidade, deseñamos un plan de traballo acordado coa persoa orientada para logo levalo a cabo a través de accións planificadas.

O noso traballo como profesionais da orientación require do coñecemento dos recursos, do traballo en rede con outros/as profesionais e con centros educativos e de formación, servizo público de emprego, tecido empresarial e outros axentes sociais.

Destacamos a importancia de que na orientación a persoa é a protagonista do seu proceso de mellora da empregabilidade: a persoa entendida de maneira integral, tendo en conta os seus intereses, o entorno, os factores externos e internos, e por suposto as emocións.

En que momento da vida podemos acudir a orientación?

A orientación é util para tomar decisións, cambiar de sector, iniciarse ou reincorporarse ó mercado laboral, nun momento de afrontar unha perda de traballo, ou tras unha experiencia negativa, cando vivimos cambios persoais, no caso dunha discapacidade sobrevida, ou para desenvolver competencias demandadas por un mercado laboral en continuo cambio e transformación.

Mellorar a empregabilidade pode ser preciso en calquera momento da vida, xa que é relativa, variable e multifactorial, características que fan que en calquera momento da nosa traxectoria precisemos asesoramento e apoio para desenvolvela.

A empregabilidade é relativa: a empregabilidade dunha persoa respecto a unha ocupación pode cambiar en función da bagaxe comptetencial da persoa, dos requisitos demandados polo mercado ou pola situación do sector profesional no que se enmarca esa ocupación.

A empregabilidade é variable: Ademáis das variacións do mercado económico e o impacto destas sobre un sector-que pode ofrecer máis ou menos oportunidades en diferentes momentos-os factores persoais e competenciais están en continua evolución, polo que a empregabilidade vai variando.

A empregabilidade é multifactorial: A empregabilidade ou a inserción dunha persoa vai depender de diversos factores externos e internos.

As claves principais á hora de atopar un traballo (competencias profesionais e competencias transversais)

Cando falamos de competencias atoparemos diferentes definicións e modelos, mais sempre atopamos conceptos comúns para entendelas:

As competencias son habilidades, destrezas, actitudes e capacidades que desenvolvemos ó longo da nosa vida en diferentes contextos e que son transferibles a diferentes entornos.

COMPETENCIAS TÉCNICAS

Defínense en función da definición de cada posto de traballo. Son aqueles coñecementos ou habilidades técnicas necesarias para traballar nun determinado posto. Sen elas non se podería desenvolver o posto.
Algúns destes coñecementos son moi específicos. Para dominar a súa aplicación é necesario ter experiencia ou haber feito formación especializada

COMPETENCIAS DE BASE
Fan referencia aos coñecementos necesarios para poder funcionar en relación ao mercado laboral, como o coñecemento básico do seu funcionamento e a xestión de recursos necesarios para poder ter acceso á ocupación. Poderíase dicir que son os requisitos básicos para poder buscar, acceder e manter un traballo.

COMPETENCIAS INSTRUMENTAIS BÁSICAS E ESPECÍFICAS
Normalmente apréndense durante a educación secundaria. Son aqueles coñecementos mínimos imprescindibles para poder interactuar co entorno laboral. As específicas, aínda que non son imprescindibles poden ampliar o abano de opcións de inserción. (algúns traballos requiren algunhas competencias instrumentais específicas).

Mobilidade
Lecto-escritura
Cálculo funcional
Informáticas básica
Idiomas

COMPETENCIAS TRANSVERSAIS

Fan referencia ao conxunto de capacidades, habilidades e actitudes necesarias para dar resposta a situacións laborais diversas. Son transversais a moitas ocupacións, é dicir, serven para todos os traballos aínda que algunhas poden ser especialmente importantes en determinados traballos.  Son competencias que non se desenvolven exclusivamente nunha sola situación senón en moitas, de maneira que sei se teñen adquirido nun determinado contexto tamén poderán ser adaptadas e aplicadas noutro contexto.

Dentro das competencias transversais, que se poden clasificar en competencias de identificación e competencias de relación destacaríamos:

Identificación e valoración das propias capacidades e disposición á aprendizaxe.

Comunicación, relación interpersonal e traballo en equipo

A través do proceso de orientación fomentamos o autocoñecemento e capacidade de autodiagnose do perfil competencial, é dicir que a persoa poida coñecer, comunicar e contrastar o seu perfil co posto de traballo obxectivo.

Un bo autocoñecemento da bagaxe competencial xunto coas habilidades comunicativas precisas para afrontar un proceso selectivo, facilitará en gran medida que a entrevista profesional sexa superada con éxito.

Hai diferentes tipos de entrevistas de maior ou menor complexidade en función do tipo de empresa, a súa estrutura organizativa, o tipo de contratación que se vai facer, pero no momento da selección, o obxectivo da empresa e da persoa candidata é común, é atopar o encaixe que permita desenvolver o traballo con éxito.


As «excusas»: como romper con elas e motivarnos para entrar en acción.

As excusas poden ser pensamentos preconcebidos que nos limitan á hora de formarnos, mellorar o noso perfil ou mesmo facer unha busca de emprego planificada e sistematizada. Neste senso, dende a orientación laboral partimos de que a persoa orientada ubícase nun contexto complexo e multifactorial, un contexto cambiante que require unha alta capacidade de adaptación.

Para combater esas «excusas» que poden inmobilizar á persoa que busca emprego, ou que inicia un proceso de formación, é convinte ubicar a que tipo de factores se atribúe a dificultade para progresar, e se son vinculados á persoa, incluílos no plan de mellora que guiará o proceso de mellora da empregabilidade:

Que nos levamos destas xornadas?

O traballo en rede, entendido como o coñecemento e colaboración entre os diferentes axentes sociais é fundamental, por iso valoramos tanto o esforzo do IES Gar´cía Barbón e en concreto da dinamizadora da relación con empresas Maite Gonz´ález Requejo, na organización de espazos onde intercambiar ideas, aprender dos/as profesionais e alumnado, e fortalecer as relacións.

A formación profesional da resposta ás necesidades do mercado laboral actual, é clave na mellora da ocupabilidade tanto da mocidade como daquelas persoas adultas que deciden formarse por diferentes motivos.

A experiencia práctica, a formación dual, as prácticas en entornos de traballo e o desenvolvemento de competencias transversais na etapa formativa son a gran fortaleza que conecta ó alumnado da formación profesional co mercado laboral.

I XORNADAS DE EMPRENDEMENTO E ORIENTACIÓN PROFESIONAL IES GARCÍA BARBÓN
Puede ser una imagen de texto
Puede ser una imagen de texto que dice "XORNADAS DE EMPRENDEMENTO ORIENTACIÓN PROFESIONA OBXECTIVOS Mércores 27 Outubro alumnado proceso maduración dunha idea enegocio • Auditorio Municipal como unha emprendedores contorna Poñe nvalo Formación Ûiona dando coñecer poñer en factible Mostrar xornadas oportunidades Mas toma emprego Gómez 1:30h Educación futuro. Ourense. Martes PROGRAMA 11:30h- 12:00h Outubro Martínez, orientador 12:00h 13:30h García Barbón. 8:50h 14:20h como eemprego" Honoem"d Compostela. Xoves Emprendemento 15:45h- 18:15h metodoloxía innovadora alumnadod Novembro DaniDiéguez, Adáne Auditorio Municipal 10:00h 11:30h Verín Conferencias: "Aimportanci emprendedores desenvolvemento Collazos "Ridicodias" 11:30h 12:00h 12:00h 13:15h Entretinadae Támega" "Teatro 13:15h- 13:45h Noguerol" Presentación empresas deEmpresasdo ESGarcía Barbóna relación con"

Dende o CDR Portas Abertas contribuimos a mellora da empregabilidade a través das nosas actividades. Actualmente desenvolvemos o programa «Itinerarios Integrados contra a Despoboación». Para participar ou informarse sobre este programa podedes contactar presencialmente ou por teléfono coa entidade.

Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).