Realizamos este curso para que as persoas participantes adquirades coñecementos sobre xestión económica e contable, son coñecementos fundamentais para analizar unha idea de negocio ou iniciar unha actividade por conta propia no medio rural, principalmente no sector primario.
Os programa formativo é o seguinte:
O curso está dirixido a persoas en situación de desemprego, que teñan feito itinerarios anteriormente ou non, que teñan unha idea de negocio, ou que a teñan desenvolvida, tamén aquelas persoas que están a punto de iniciar a súa actividade por conta propia e que queren saber máis sobre xestión.
O venres 15 de outubro de 15:00 a 21:00 e o sábado 16 de outubro de 09:00 a 15:00.
Na sede de Vilardevós do CDR Portas Abertas: Xacinto Santiago, 23, Vilardevós (Ourense)
Trátase dunha acción gratuíta para as persoas participantes, xa que esta actividade é financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en colaboración con Portas Abertas e Coceder
Para ampliar información ou inscribirte no curso podes chamar á sede de Verín: 988 989508 (tamén vía whastapp) ou á sede de Vilardevós 988417232
Se o prefires podes enviarnos un correo electrónico indicándonos o teu nome e número de teléfono e falamos: rural@cdrportasabertas.org