Nova investigación sobre o impacto do racismo estrutural nas mulleres do medio rural

O CDR Portas Abertas amplía o horario de atención da súa Oficina de Vivenda Rural
24/02/2026
Mostrar todo

Nova investigación sobre o impacto do racismo estrutural nas mulleres do medio rural

O CDR Portas Abertas, en colaboración con COCEDER, pon en marcha un estudo estratéxico para analizar como o racismo estrutural condiciona a vida das mulleres racializadas que residen e traballan nos nosos pobos.

Esta iniciativa nace coa firme vontade de visibilizar as desigualdades que moitas mulleres sofren por razón de orixe, etnia ou cor de pel. O proxecto pon o foco en como estas barreiras se agravan ao producirse en contextos rurais, onde o illamento ou a falta de recursos poden dificultar aínda máis a plena inclusión.

A investigación céntrase en escoitar as voces das protagonistas para recoller datos reais sobre o impacto do racismo en áreas fundamentais:

  • Emprego e Vivenda: Analizar as dificultades específicas de acceso e permanencia.
  • Saúde e Educación: Estudar a calidade da atención e as barreiras no sistema educativo.
  • Dereitos e Participación Social: Identificar os obstáculos invisibles que impiden o exercicio dunha cidadanía plena.

Máis aló de identificar os problemas, o CDR Portas Abertas busca poñer en valor as estratexias de resistencia, apoio mutuo e liderado comunitario que moitas mulleres xa están impulsando nos seus territorios. O obxectivo final é xerar datos que permitan deseñar políticas públicas e accións sociais moito máis xustas, inclusivas e adaptadas á realidade das mulleres no rural.

Este proxecto está financiado polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, dentro dos programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Ir al contenido