O CDR Portas Abertas impulsa a inclusión educativa na comarca de Verín

Ábrese o prazo de inscrición para a formación en Carnicería e Industria Cárnica en Verín
22/01/2026
A guía de dereitos das persoas migrantes está dispoñible tamén en lingua árabe
29/01/2026
Mostrar todo

O CDR Portas Abertas impulsa a inclusión educativa na comarca de Verín

CDR Portas Abertas participa nun programa de apoio e reforzo educativo deseñado para nenos e nenas do medio rural con dificultades de aprendizaxe ou necesidades especiais. No caso da comarca de Verín, o centro desenvolve estas actividades nos concellos de Vilardevós e Cualedro, atendendo a perfís diversos.

A través de sesións fóra do horario lectivo, o proxecto busca potenciar as capacidades individuais de cada alumno e alumna, respectando os seus ritmos e reforzando a súa motivación. Tras os bos resultados de edicións anteriores, esta convocatoria incide na personalización das tarefas para mellorar o rendemento escolar e fomentar hábitos de estudio saudables.

O programa de «Apoio e reforzo educativo dirixido ao alumnado do medio rural» está promovido por Coceder e financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Lévase a cabo nos Centros: CDR Portas Abertas, CDR Valdecea e CDR El Sequillo.

Ir al contenido