Dende Portas Abertas elaboramos esta infografía sobre unha linguaxe correcta, non discriminatoria e respectuosa para referirse ás persoas con discapacidade.
Entendemos que unha linguaxe non é neutral, e o uso e a intencionalidade que se lle dea poden modificar o significado emocional das palabras. Coa linguaxe podemos marxinar ou evolucionar, podemos estigmatizar ou integrar e podemos tamén deixar de perpetuar imaxes negativas a favor das persoas con discapacidade.