CURSO: TRABALLOS DE DESBROCE E MOTOSERRA

III XORNADA INTERXERACIONAL-MULTICULTURAL ANDAINA
11/04/2024
Mostrar todo

CURSO: TRABALLOS DE DESBROCE E MOTOSERRA

O día 6 de Maio arranca unha nova formación no CDR Portas Abertas á que xa te podes apuntar. Trátase dun curso de Traballos de desbroce e motoserra que consta dunha parte teórica de prevención de riscos laborais e unha parte práctica de manexo de motoserra e desbrozadora. Ademáis haberá a oportunidade de realizar prácticas nalgunha empresa local se así o considera o alumno ou alumna. Todo isto co acompañamento e titorización da orientadora laboral, que ademáis apoiará ao alumnado na búsqueda de emprego.

Para saber máis podedes contactar con nós no teléfono 988540590 ou no correo electrónico orientacionportasabertas@gmail.com

Programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003). Este programa está concedido a COCEDER e cofinanciado pola Unión Europea, para promover a #inclusiónsocial das personas que se atopan en situación ou en risco de exclusión social e pola Fundación Mapfre.
#inclusion#social

Ir al contenido