III XORNADA INTERXERACIONAL-MULTICULTURAL ANDAINA

Programa Biocuidados
01/04/2024
CURSO: TRABALLOS DE DESBROCE E MOTOSERRA
19/04/2024
Mostrar todo

III XORNADA INTERXERACIONAL-MULTICULTURAL ANDAINA

De novo chega a xornada interxeracional. Este ano terá lugar o Domingo 28 de Abril, no Castelo de Monterrei dende as 16:30 ata as 19:00 que se dará por finalizada. Aquelas persoas que desexen participar na andaina previa, atoparémonos as 15:45 na Casa do Escudo de Verín ( Avenida San Lázaro) para subir ata o castelo polo camiño real. Unha vez reunidas tódalas persoas no Castelo de Monterrei poderemos desfrutar de xogos de teatro, xogos tradicionais, visita guiada ao entorno do castelo, música, merenda e un agasallo como lembranza da participación. Non o dubides, apúntate no 988989508. Esperámoste

Ir al contenido