Da man de Coceder e dende o CDR Portas Abertas, estamos dando inicio ao programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003). Dende este programa ofrecemos acompañamento persoal, social e laboral para promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación, a participación activa e mellorar a empregabilidade.
Este programa está cofinanciado pola Unión Europea, para promover a #inclusiónsocial das personas que se atopan en situación ou en risco de exclusión social e pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude.)
Para saber máis podes achegarte a calquera das nosas oficiñas ou contactar a través dos nosos teléfonos ou por correo electrónico.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.