Convenio de colaboración con Bodegas Gargalo

Programas 2023: Vou Contigo
10/02/2023
Vídeo «Volver al pueblo» en Ourense
14/04/2023
Mostrar todo

Convenio de colaboración con Bodegas Gargalo

No marco do programa “Itinerarios Integrados contra a despoboación”, 13 persoas participaron na formación “Poda da vide e traballos en bodega” impartida por Nelson Fernandez  (Fiti) enxeñeiro técnico agrícola  de Bodegas Gargalo. Todas as persoas participantes, entre as que hai persoas con emprego, desempregadas e persoas con interese en emprender no ámbito da viticultura, reciben orientación laboral e acompañamento no seu proceso. A sinatura deste convenio de colaboración ten como obxectivo formalizar a colaboración entre ambas entidades e darlle continuidade ás actividades realizadas para contribuir ó desenvolvemento socioeconómico da comarca dende o ámbito da viticultura.

Nas oficinas das Bodegas Gargalo tivo lugar esta reunión entre o empresario Roberto Verino e o presidente do CDR Portas Abertas Pepe Paz para formalizar o acordo de colaboración que lle dará continuidade a unha colaboración previamente existente entre ambas entidades. Por unha banda, o CDR Portas Abertas, dende 1990 desenvolve diversas actividades que forman parte dun Programa Integral de intervención en áreas rurais: información, orientación e asesoramento, servizos sociais, proxectos socio-educativos, inclusión social e formación; e dende 2020 leva a cabo a través de Coceder o programa Itinerarios Integrados contra a despoboación, que ten como obxectivo deseñar itinerarios adaptados a cada zona rural na que se desenvolve. No caso da comarca de Monterrei, o sector do viño é un dos que xera máis oportunidades laborais, polo que cada ano realízase unha formación vinculada a este ámbito, obtendo sempre moi bos resultados en canto a inserción laboral das persoas participantes. Por outra banda, a empresa Bodegas Gargalo, pon a disposición do CDR Portas Abertas  as instalacións e as viñas para que poidan coñecer de primeira man o funcionamento dunha empresa deste sector.  Unha figura clave nesta colaboración é o enxeñeiro técnico agrícola Nelson Fernández, que traballa en Bodegas Gargalo e dende fai uns anos combina esta actividade coa docencia, achegando os seus coñecementos técnicos ó alumnado que valora o sector do viño para desenvolver o seu proxecto vital na comarca.

Entre os temas que se abordaron na reunión, nomeouse a importancia de seguir producindo viños de gran calidade  e seguir formando persoal nun sector que crece e que cada vez máis se posiciona como unha oportunidade de desenvolvemento laboral para xóvenes e persoas adultas que apostan por vivir no medio rural.

As persoas participantes continuarán realizando as sesións de orientación laboral realizada por Lucía Aparicio na que a través da metodoloxía dos itinerarios deséñanse accións individualizadas para mellorar a empregabilidade das persoas participantes. No ano 2022 un 30 por cen das persoas desempregadas remataron o seu itinerario traballando, polo que se considera un factor fundamental para o éxito do programa  este contacto estreito co tecido empresarial da comarca.

A colaboración entre ambas entidades lévase a cabo no marco do  programa Itinerarios Integrados contra a despoboación realizado a través da Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER) dentro do Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012) dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).

Ir al contenido