No marco do programa ELAS (Empoderamento Liberdade Autoestima Solidariedade) dirixido a mulleres adultas do medio rural, que levamos a cabo no CDR Portas Abertas, a través da Agrupación de entidades rurais Terra e Xente, coa financiación da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, con motivo do Día Internacional das Mulleres realizamos diversas actividades en rede con outras entidades da comarca.
As actividades son realizadas en rede por FEMURO, CDR Portas Abertas, Asociación Feminista Nosas, e Marcha Mundial das Mulleres
Colaboran na difusión das actividades: Concello de Verín e Asociación de Empresarios/as de Verín