Buscas traballo? Queres formarte? Precisas orientación laboral?

Oferta de emprego-axente de igualdade-plans de igualdade
16/09/2020
Falamos na radio sobre os programas actuais
29/09/2020
Mostrar todo

Buscas traballo? Queres formarte? Precisas orientación laboral?

Se respondiches sí a algunha das preguntas anteriores podes contactar ca orientadora laboral do CDR Portas Abertas -chama ó +34 988 989508 +34 988 417232 ou envíar un correo a orientacion@cdrportasabertas.org para que a orientadora laboral che explique cómo podes participar no Programa Poises, do que che temos falado en entradas anteriores na web, un programa que ten como obxectivo desenvolver itinerarios adaptados cada unha das zonas rurais, ás peculiaridades das persoas beneficiarias e aos condicionantes das zonas rurais deprimidas onde se vai a desenvolver o programa.

O Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) é cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE invierte en tu futuro) con cargo ó programa operativo do mesmo nome, pertencente ó  F.S.E. 2014-2020 (FSE 2014ES05SFOP012)

Dámosche algunhas claves:

En que consiste a orientación laboral? A quen vai dirixida?

A orientación laboral é un proceso de acompañamento e desenvolvemento que se realiza en calquera momento da vida dunha persoa e que ten como obxectivo axudala a identificar o seu bagaxe competencial ( o que sabe facer, o que pode facer) para conseguir achegarse ao seu obxectivo vocacional, formativo ou laboral, apoiando na toma de decisións ou no coñecemento do propio perfil e do entorno laboral.

Persoas desempregadas, ou aquelas que queren facer unha mellora ou un cambio, persoas que queren facer a súa vida nun pobo, persoas que queren emprender, ou as que están pasando unha situación de vulnerabilidad social… poden participar no proceso de orientación laboral, xa que se realiza de maneira individualizada.

Como se fai o proceso de orientación?

A grandes rasgos, para iniciar este proceso faise unha análise da empregabilidade e un diagnóstico que permita deseñar entre a persoa participante e a orientadora un plan de mellora, sempre adaptado as súas necesidades, obxectivos e tempos.

Que é o acompañamento e o seguemento na inserción?

Para apoiar no proceso de cada persoa, realízanse accións de apoio, que poden ir dende talleres ou titorías individuais onde aprender como buscar emprego ou crear un negocio, ata o contacto con empresas, xa que dende o Programa Poises cóidase moito o contacto co tecido empresarial da comarca.

Tamén se realizan nesta fase sesións individuais ou grupais de desarrollo de diversas competencias que axudarán a acceder ó traballo ou a mantelo.

Que accións formativas se poden facer no programa Poises?

Cada ano programamos as accións formativas, e no 2020 hai dóus tipos de accións formativas nas que participar:

Atención ao cliente, habilidades comerciales e redes sociais.

Estamos asisitindo a unha transformación na maneira de comportarnos como clientes/as, e se nos poñemos ó outro lado, na comunicación como traballadores/as dunha empresa, debemos desenvolver habilidades para esta comunicación que en moitos casos é a través dunha pantalla. Nesta formación aprenderemos habilidades e estratexias prácticas para unha comunicación eficaz na era tecnolóxica, desenvolvendo competencias profesionais que a día de hoxe son case imprescindibles.

Igualdade de oportunidades e sensibilización medioambiental.

Trátase dunha formación transversal que levamos a cabo todas as entidades que desenvolvemos os Programa Poises de Coceder, e que integra a perspectiva necesaria de coñecer os conceptos quen os leven a unha igualdad de oportunidades entre homes e mulleres real e efectiva e a coidar mellor o medioambiente, aprendendo estratexias para incluir todos estes coñecementos no mundo laboral.

Ten coste o programa Poises?

Trátase dun programa subvencionado:

Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social” (POISES), cofinanciado por el Fondo Social Europeo con cargo al programa operativo del mismo nombre, perteneciente al F.S.E. 2014-2020 (FSE 2014ES05SFOP012) gestionado por COCEDER.

Podes coñecer este programa e os outros programas que levamos a cabo no CDR Portas Abertas en https://www.cdrportasabertas.org/programas/

Ir al contenido