O servizo, subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ten como obxectivo romper co illamento que sofren as persoas maiores e acompañalas no seu día a día, evitando ó mesmo tempo que se sintan excluídos dunha sociedade cada vez máis dixitalizada».
O servizo de acompañamento non ten coste para as persoas usuarias, e pódese solicitar nas oficinas da entidade ubicadas en Vilardevós e Verín.
Chámanos, se eres unha persoa que che gusta a compañía, se precisas algo de axuda na túa vida diaria ou ben nalgún tipo de trámite administrativo…
Se coñeces a alguén que poida querer este servizo, un veciño/a que vive só, a túa nai/pai que aínda se atreve a estar tranquila na súa casa… Chama!
988989508 (Verín) e 988417232 (Viladevós)
Todas as persoas da comarca de Monterrei que vivan soas e que precisen da compañía das profesionais da entidade para relizar un trámite, ou ser acompañadas- por exemplo a unha proba médica- poden solicitala ao CDR Portas Abertas.
Podes contactar co Servizo de Acompañamento nos teléfonos:
988989508 (Verín) e 988417232 (Viladevós)