Comezamos un novo itinerario con formación en cociña ou informática.

Volver ao pobo
17/03/2022
DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE E COOPERACIÓN
ENTRE XERACIÓNS
03/05/2022
Mostrar todo

Comezamos un novo itinerario con formación en cociña ou informática.

No marco do programa ITINERARIOS INTEGRADOS CONTRA A DESPOBOACIÓN, do PROGRAMA POISES que realizamos a través de Coceder  iniciamos un novo itinerario entre o 01/05/2022 e o 31/08/2022.

Dentro do Programa POISES, iniciamos a sétima edición dos Itinerarios Integrados contra a despoboación, que ofrecen orientación, asesoramento individualizado, acompañamento á inserción e emprendemento sostible, e formación para persoas en idade activa na comarca de Monterrei.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Persoas en idade activa, desempregadas, traballadoras ou aquelas que teñan necesidade de mellorar a súa empregabilidade.

QUE FORMACIÓN ESPECÍFICA CONTEMPLA ESTE ITINERARIO?

As persoas participantes nos Itinerarios Integrados contra a despoboación poden acceder, se así se contempla no seu plan de traballo, a unha das dúas formacións específicas:

  • RESTAURACIÓN- COCIÑA 30H
  • INFORMÁTICA PARA O ÁMBITO LABORAL- 25H

PÓDESE FACER EXCLUSIVAMENTE O CURSO DE RESTAURACIÓN- COCIÑA OU O CURSO DE INFORMÁTICA PARA O ÁMBITO LABORAL?

As persoas participantes dos Itinerarios Integrados contra a Despoboación que levamos a cabo, adquiren o compromiso de participar nas accións de orientación e asesoramento personalizado e nas accións de acompañamento e seguemento á inserción sociolaboral e emprendemento sostible. Tamén adquiren o compromiso de realizar a formación complementaria «Igualdade de oportunidades e sensibilización medioambiental».

Neste programa non contemplamos realizar exclusivamente formación.

PÓDESE RECIBIR ORIENTACIÓN LABORAL E NON REALIZAR A FORMACIÓN?

Con todas as persoas participantes realízase un plan de traballo no que se reflexan aquelas accións que mellorarán a empregabilidade, se a formación que ofrecemos neste itinerario non encaixa nese plan, a través dunha sesión de orientación formativa explóranse outras opcións formativas se é preciso para mellorar o perfil da persoa participante.

PÓDESE RECIBIR ASESORAMENTO PARA O EMPRENDEMENTO?

Nos itinerarios ofrécese asesoramento a persoas que queren poñer en marcha un proxecto de emprendemento sostible, acompañándoas dende a xeración e análise da súa idea de negocio ata o desenvolvemento de habilidades para a posta en marcha.

CAL É O PRAZO PARA APUNTARSE?

As persoas interesadas en participar neste itinerario poden acudir a Portas Abertas en calquera momento do ano para recibir acompañamento e asesoramento laboral, e se están interesadas en facer unha formación recoméndase que acudan nas seguintes datas:

FORMACIÓN EN RESTAURACIÓN-COCIÑA 30H- Antes do 13 de maio

FORMACIÓN EN INFORMÁTICA PARA O ÁMBITO LABORAL 25 H- Antes do 31 de maio

As accións son gratuitas e financiadas polo Fondo Social Europeo (FSE invirte no teu futuro)

Dende Portas Abertas destacamos o alto compromiso das persoas que teñen participado nos itinerarios co seu plan de traballo, así como a valoración positiva que fan da súa participaciónen programas como o Poises.

As persoas interesadas en participar poden solicitar cita acudindo ós  centros de Portas Abertas en Verín 988989508 e Vilardevós 988417232 por teléfono ou contactando no correo rural@crportasabertas.org

Estos itinerarios enmárcanse no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixe para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).