Memoria de actividades do 2020 no CDR Portas Abertas

Empoderamento Liberdade Autoestima Solidariedade
04/03/2021
Itinerarios integrados contra a despoboación: orientación, acompañamento e formación en agricultura ecolóxica para o autoemprego
03/05/2021
Mostrar todo

Memoria de actividades do 2020 no CDR Portas Abertas

O ano 2020 Portas Abertas cumpriu 30 anos, houbéranos gustado poder celebrar estes 30 anos nun escenario completamente diferente pero non puido ser. Así que a memoria de actividades do ano 2020 no CDR Portas Abertas empeza coa nosa historia contada a través de Digno González, dinamizador e pai de Portas Abertas.

Digno González Diéguez naceu en Vilardevós (Ourense) no ano 1941, sendo o sexto de oito irmáns, ata os quince anos estudou nunha escola da aldea, despois marchou a Ourense a estudar no seminario menor e logo no maior, unha vez ordenado cura estudou maxisterio, e estudos en filosofía e letras, filoloxía francesa e tres cursos de socioloxía. Entre os anos 1970- 1977 foi profesor no colexio dos Maristas en Ourense, no ano 1977 chega a aldea de Arzádegos, no seu concello natal, para ser párroco de Florderrei, Arzádegos e Vilarello da Cota, onde comeza unha intensa labor de desenvolvemento comunitario que anos máis tarde dará lugar o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas. Entre os anos 1981 e 1990 foi mestre de prescolar na casa na Comarca de Verín, proxecto orientado a acción educativa  de nenos/as de 0 a 6 anos do medio rural galego e as súas familias, promovido por Cáritas de Galicia a través de Antonoi Gandoy e un grupo de mestres/as e xestionado por Cáritas de Lugo.

No ano 1998 en outubro visita Ecuador para coñecer de primeira man os proxectos da Diócesis de Ourense nese país, e o 26 de agosto do 1999 marcha como cooperante por catro anos. Instálase na Provincia de Manabí, no cantón de Jipijapa, para levar a cabo un traballo pastoral e colaborar na parte social nos proxectos da diocese: farmacia, oficina para a construción de casas para persoas que vivían baixo plásticos, atención sanitaria a través de catro médicos e unha enfermeira, un laboratorio de análise, albergue para acoller á persoas das aldeas que viñan a cidade e posteriormente no lanzamento de preescolar na casa.

O NACEMENTO DO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS

En outubro do ano 1990 constitúese formalmente a entidade Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, cunha xunta directiva formada por catro homes e dúas mulleres de Florderrei e Arzádegos, baixo a coordinación de Digno e establece a súa sede na antiga escolar unitaria de Arzádegos.

Tendo como fins: coordinar a persoas e entidades preocupadas polo medio rural e as súas problemáticas específicas, realizar estudos e análises obxectivos da situación actual e futura do medio rural, impulsar a educación a ensinanza, e a cultura popular do medio rural en todos os aspectos e promover o progreso social e económico do mesmo, apoiar iniciativas a favor da revalorización humana, técnica e económica da agricultura e a gandería, promover a participación de todos os membros da comunidade na afirmación da súa identidade rural e organizar cantas actividades fosen precisas para mellorar a información e formación en diversos campos: cooperativismo, asociacionismo,…

Froito do apoio ó asociacionismo nacerían algunhas asociacións de Mulleres Rurais que se integraron na Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO).

Este mesmo ano nun encontro en Valladolid Digno recibe información do programa LEADER a cal trae para os alcaldes de Vilardevós e Castrelo do Val e comezase a formar un grupo de persoas para presentar este programa para canalizar as axudas da Unión Europea destinadas a programas de desarrollo rural na Comarca.

No ano 1991 nace COCEDER, a Confederación de Centros de Desarrollo Rural da que esta entidade é socio fundadora, e que a día de hoxe esta integrada por 22 centros de Desenvolvemento Rural repartidos pola xeografía rural española e pola Federación de Colexios Familiares Rurais.

Pouco a pouco a entidade vai aumentando a súa oferta de actividades formativas destinadas a poboación do medio rural e relacionadas fundamentalmente co sector primario, de recuperación de oficios tradicionais, cestería, tear e traballos en barro, actividades de dinamización da vida social e cultural das aldeas, e actividades de educación compensatoria destinada a nenos/as do medio rural para que a exclusión territorial non supuña un merma das súas oportunidades educativas.

No ano 1997 comezou a participar no proxecto  PROTERRA vinculado coa cultivo do castiñeiro, colaborando coa Universidade de Vigo Grupo de Recursos Naturales, Nutrición y Bromatología de la Universidad de Vigo (GRNNB), e no que participaron socios de Portugal e Italia,  coordinando esta entidade os contactos con outros socios locais e cos produtores/as.

No avance das actividades sociais comezase cun programa de educación familiar en colaboración co Concello de Vilardevós e a medida que vai chegando poboación inmigrante a Comarca tamén se comeza a traballar no acollemento e inserción social deste colectivo.

Entre os fins da entidade está o de cooperar ó desenvolvemento dos pobos, prestando apoio nestes anos a proxectos de vivendas en Ecuador a través da estancia de Digno en Jipijapa e a través da Cooperativa L´Olivera, socia de COCEDER, a proxectos en Guatemala.

No ano 2007 a entidade deixa a aldea de Arzádegos para instalarse no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós, facilitando que as súas actividades cheguen a máis poboación, fundamentalmente aquelas de alfabetización dixital, e no ano 2012 abre o centro de servizos sociais destinado a toda a poboación da Comarca en Verín.

Durante este tempo entrou en contacto e estableceu alianzas con moitas outras entidades, fundacións,.. para avanzar e mellorar as actividades destinadas á tódolos colectivos de poboación. Dende o ano 2018 é membro da EAPN Galicia e socia fundadora de Terra e Xente, unha entidade que agrupa a outras tres asociación do medio rural galego cunha filosofía de traballo similar.

Ir al contenido