Precisamos monitor/a para programa medioambiental no CDR Portas Abertas

COCEDER atiende a los colectivos más vulnerables de Galicia
13/05/2020
Mostrar todo

Precisamos monitor/a para programa medioambiental no CDR Portas Abertas

Estamos na procura dunha monitora ou monitor para o programa medioambiental.

Trátase dunha contratación temporal, de aproximadamente dous meses e medio, ata mediados ou finais de agosto. Será unha contratación a tempo parcial, de 15 horas semanais e con flexibilidade horaria.

O perfil da persoa que traballe como monitor/a do programa medioambiental ten que cumprir unha serie de requisitos entre os que destaca que teña titulación na rama de medioambiente, sexa un Ciclo Formativo de Grao Superior de Técnico/a en Recursos Naturais, Educador/a ambiental, enxeñería agrícola ou similar.

Obxectivo do Programa de Investigación, Concienciación e Sensibilización Medio Ambiental

Investigar, formar e concienciar sobre as cuestións ambientais nas diferentes áreas de actividade da entidade e co apoio da poboación rural.

Liñas de acción prioritarias:

  • Sensibilización medioambiental do medio rural.
  • Investigación.
  • Recuperación do patrimonio cultural e medioambiental.
  • Banco de recuperación de sementes e recuperación de variedades locais.
  • Formación medioambiental.
  • Rescate de coñecemento para o desenvolvemento sostible.
  • Hortas ecolóxicas nos centros educativos da Comarca e fomento da agricultura ecolóxica.

Debido á situación actual ocasionada polo COVID19 precisamos que sexa unha persoa con habilidades e competencias para traballar nun entorno de aprendizaxe, ensinanza e traballo virtual, unha persoa flexible e adaptable ás necesidades que poidan xurdir durante o desenvolvemento do programa.

Se cumples os requisitos, e cres que podes encaixar, podes contactar con CDR Portas Abertas nos teléfonos 988 417232 ou 988 989508 en horario de oficina.

Comparte nas túas redes para que chegue á persoa adecuada!