Programa ELAS. Empoderamento, Liberdade, Autoestima e Solidariedade

Obxetivo:

O obxectivo de esye programa é o de xerar actuacións de información e de formación para o empoderamento e participación activa das mulleres, en especial as que sofren situacións de vulnerabilidade e/ou as que residen no medio rural.

Os criterios para a selección das persoas beneficiadas serán:

  • Mulleres en vulnerabilidade ou en risco por calquera factor, ben sexa económico, territorial, social ou familiar. Estaremos en contacto cos servizos Sociais.
  • Mulleres vítimas de violencia de xénero, contactaremos cos Centros de Información da muller para ter unha coordinación plena e darlle a resposta máis eficaz a estas mulleres.
  • Persoal, voluntariado e persoas usuarias de outros programas.
  • Mulleres que verbalicen o seu desexo de poder participar en algunha das nosas actividades.
Ir al contenido