A través da Secretaria Xeral de Emprego e cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, este ano o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas recibiu unha axuda para a contratación de traballadores/as desempregados/as a través do Programa de Garantía xuvenil, dirixida a mozos menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en relación co obxectivo OT8 de "Lograr formación e emprego de calidade" (Estratexia de comunicación 2014/2020).
Neste caso, contratouse un técnico superior en educación infantil e un técnico superior en xestión forestal e de medio ambiente para realizar actividades educativas e formativas en áreas rurais e dirixidas a persoas en situacións de vulnerabilidade e risco ou situación de exclusión social.