O proxecto nace co propósito de mitigar os efectos da soidade no medio rural. O noso coñecemento do entorno, debido ao traballo levado a cabo en mais de 30 anos, demóstranos que a soidade é un feito multidimensional e unha realidade no medio rural.
Obxectivo Xeral: Crear comunidades rurais a través dunha metodoloxía de intervención que promova o benestar e a inclusión social de todos os seus membros, con especial atención os grupos vulnerables en risco de exclusión social que precisan de coidados e apoios para o desenvolvemento do seu proxecto vital.
Obxectivos específicos:
- Mellorar a calidade de vida das persoas en Exclusión social e/ou con necesidades de apoio e coidados.
- Fomentar redes de participación e activación comunitaria desenvolvendo servizos de apoio e intervención dirixidos a comunidade e potenciando figuras profesionais que contribúan a este propósito como por exemplo os facilitadores/conectores comunitarios e os facilitadores/xestores de plans de vida e apoios das persoas.
- Provocar un impacto de benestar na comunidade rural.
- Conseguir un cambio cultural na comunidade respecto os sistemas de coidados e o tecido de relacións sociais que é necesario establecer para que as persoas con necesidades de apoio sexan ben acollidas e accedan a bens e servizos comunitarios en igualdade de condicións que o resto.
- Desenvolver un ecosistema de coidados sostible nas comunidades rurais a partir da coordinación social, sanitaria, emprego e educativa.
- Xerar coñecemento en base a experimentación e investigación de comunidades rurais inclusivas.