Programa Comunidades Inclusivas: Solucións Innovadores de Coidado e Apoio no Medio Rural

cartel_programa_comunidades_innclusivas

Obxectivo Xeral: Crear comunidades rurais a través dunha metodoloxía de intervención que promova o benestar e a inclusión social de todos os seus membros, con especial atención os grupos vulnerables en risco de exclusión social que precisan d coidados e apoios para o desenvolvemento do seu proxecto vital.

Obxectivos específicos:

  1.  Mellorar a calidade de vida das persoas en Exclusión social y/o con necesidades de apoio e coidados. 
  2. Fomentar redes de participación e activación comunitaria desenvolvendo servizos de apoio e intervención dirixidos a comunidade e potenciando figuras profesionais que contribúan a este propósito como por exemplo os facilitadores/conectores comunitarios e os facilitadores/xestores de plans de vida e apoios das persoas.
  3. Provocar un impacto de benestar na comunidade rural
  4. Conseguir un cambio cultural na comunidade respecto os sistemas de coidados e os tecido de relacións sociais que é necesario establecer para que as persoas con necesidades de apoio sexan ben acollidas e accedan a bens e servizos comunitarios en igualdade de condicións que o resto.
  5. Desenvolver un ecosistema de coidados sostible nas comunidades rurais a partir da coordinación social, sanitaria, emprego e educativa. 
  6. Xerar coñecemento en base a experimentación e investigación de comunidades rurais inclusivas. 

 

 

Ir al contenido