O proxecto nace co propósito de mitigar os efectos da soidade no medio rural. O noso coñecemento do entorno, debido ao traballo levado a cabo en mais de 30 anos, demóstranos que a soidade é un feito multidimensional e unha realidade no medio rural.
A metodoloxía de traballo, pretende dar unha resposta personalizada ás necesidades e proxectos de vida de cada unha das persoas en situación e soidade non desexada. Pretendemos activar aqueles recursos que xa existen na comunidade para evitar ou calmar as situacións de soidade non desexada así como, crear novos recursos que cubran as necesidades expostas por cada persoa participante e melloren a calidade de vida percibida de cada unha delas.
Procuramos dar servizos centrados na persoa, potenciando a súa autonomía persoal, apoiándonos para eso, nas comunidades rurais; recuperando a esencia do apoio mutuo natural das pequenas poboacións.
QUEN PODE PARTICIPAR:
- Maiores de 65 años.
- Persoas con dependencia e/ou discapacidade.
- Persoas que viven soas nos seus fogares.
- Persoas que viven no medio rural e na súa maioría en núcleos de poboación que se encontran por debaixo dos 3000 habitantes.
- Persoas con mobilidade reducida. - Persoas con dificultades económicas.
- Persoas cuxas vivendas mostren diferentes barreiras arquitectónicas que contribúen á situación de soidade.