

Dende o CDR convídase ás familias da comarca a participar no curso presencial «Internet Seguro para

Menores», unha iniciativa impulsada a través de YoConecto.org. Esta formación gratuíta está deseñada especificamente para proporcionar ás familias as ferramentas necesarias para que os máis novos poidan navegar pola rede con total seguridade e tranquilidade.
O obxectivo principal deste programa é capacitar aos pais, nais e titores no manexo responsable do mundo dixital, abordando os riscos e oportunidades que ofrece a tecnoloxía actual. Ao finalizar a formación, os participantes recibirán un diploma acreditativo cunha duración total de 12 horas.
Dado que as prazas son limitadas, as persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición antes do 31 de marzo chamando ao 988540590.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.