Comeza o curso de Carnicería e Industria Cárnica

8M: Portas Abertas reforza o seu compromiso coa igualdade ante o retroceso nas cifras
05/03/2026
Mostrar todo

Comeza o curso de Carnicería e Industria Cárnica

O pasado 27 de febreiro, o CDR Portas Abertas deu o pistoletazo de saída a unha nova acción formativa: o curso de Carnicería e Industria Cárnica. Esta iniciativa forma parte dos Itinerarios Integrais contra o despoboamento rural e a inclusión social, deseñados para dinamizar a nosa contorna e ofrecer novas oportunidades laborais.

Nestas primeiras sesións, o alumnado xa comezou a combinar a teoría coa aprendizaxe práctica, adquirindo as habilidades fundamentais para un sector con gran demanda na zona.

Estes itinerarios son totalmente gratuítos e teñen como obxectivo principal fomentar a empregabilidade no medio rural e loitar contra a exclusión social. O proxecto está coordinado por COCEDER e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa Estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003) e pola Xunta de Galicia, a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e o Imposto de Sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Ir al contenido