



Este 8 de marzo, Portas Abertas pon o foco na necesidade de reactivar o diálogo sobre o feminismo.
Segundo o último informe de Fad Juventud, o apoio ao movemento entre a mocidade caeu ao 38,4%, e case a metade considera a loita pola igualdade unha «ferramenta de manipulación».
Ante estes datos, a entidade reafirma que a educación e a visibilidade son as únicas vías para combater a desinformación. A través dos seus programas, Portas Abertas traballa diariamente para demostrar que o feminismo non manipula, senón que libera e crea pontes.
Recentemente, o programa Galicia Acolledora realizou un obradoiro de intercambio cultural onde a figura de Rosalía de Castro serviu de nexo co feminismo árabe e referentes como Malala Yousafzai. Neste espazo, mulleres migrantes compartiron vivencias, unindo as súas historias por enriba das fronteiras.
Pola súa banda, o Programa DELAS continúa impulsando o empoderamento das mulleres no rural, atacando directamente as fendas de soidade e falta de recursos que aínda persisten na nosa contorna.
Para transformar a reflexión en acción, Portas Abertas convida a toda a veciñanza a sumarse á mobilización institucional:
Cita: Domingo, 8 de marzo.
Hora: 12:00 h.
Lugar: Praza do Concello de Verín.
É o momento de recuperar os espazos públicos e demostrar que a unión entre mulleres é a base dunha sociedade máis xusta.


Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.