O CDR Portas Abertas amplía o horario de atención da súa Oficina de Vivenda Rural

O CDR Portas Abertas impulsará 15 programas de impacto social no medio rural durante este 2026
19/02/2026
Nova investigación sobre o impacto do racismo estrutural nas mulleres do medio rural
24/02/2026
Mostrar todo

O CDR Portas Abertas amplía o horario de atención da súa Oficina de Vivenda Rural

O CDR Portas Abertas, en colaboración con COCEDER, continúa reforzando o seu compromiso co asentamento de poboación e a mellora da calidade de vida no rural. Co obxectivo de ofrecer un mellor servizo á veciñanza, a entidade anuncia a ampliación do horario de atención da súa Oficina de Vivenda Rural en Verín.

A partir de agora, as persoas interesadas en resolver dúbidas ou recibir asesoramento sobre a súa vivenda poderán achegarse ás instalacións do centro todos os días en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Esta oficina nace como un espazo de referencia para dar resposta ás necesidades habitacionais no medio rural. O servizo permite que calquera persoa que teña cuestións sobre a súa vivenda poida informarse de xeito directo sobre todo o que precise saber para o seu fogar.

A oficina está situada na Avenida de Laza, nº 42 (Verín). Tamén pódese chamar nese horario ao teléfono 988 54 05 90 o escribir un correo a despoboacion@gmail.com

O «Programa de sensibilización sobre la Despoblación y Fomento del Emprendimiento Rural» é impulsado por Coceder e financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais Consumo e Axenda 2030, dentro dos programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF. Ademais, o programa de «Vivenda rural, proxectos piloto para a súa liberación e rehabilitación», está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para a realización de actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible de España.

Ir al contenido