


Portas Abertas súmase ás celebracións do Entroido 2026, e organiza unha xornada festiva dedicada á convivencia e á tradición. O evento, que terá lugar o luns 16 de febreiro, arrancará ás 11:00 horas na residencia de maiores e convida a toda a veciñanza a participar amosando a súa creatividade a través dos disfraces.
A xornada contará con animación musical para amenizar o percorrido e, como broche final, as persoas asistentes poderán desfrutar dunha chocolatada con churros de balde.
Para facilitar a organización do evento e garantir o chocolate para todos os participantes, a organización establece como requisito indispensable a inscrición previa. As persoas interesadas en asistir deberán apuntarse chamando ao teléfono 988 41 72 32.
Esta iniciativa forma parte dos proxectos «Familia e Comunidade»,«Unidos na Diversidade Construíndo Comunidade», e Capacidade Inclusiva Rural e Activa financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.