A guía de dereitos das persoas migrantes está dispoñible tamén en lingua árabe

O CDR Portas Abertas impulsa a inclusión educativa na comarca de Verín
27/01/2026
Mostrar todo

A guía de dereitos das persoas migrantes está dispoñible tamén en lingua árabe

CDR Portas Abertas continúa avanzando no seu compromiso por unha sociedade máis inclusiva e informada coa publicación da versión en árabe da súa Guía de dereitos, liberdades e obrigas das persoas migrantes. Este documento xa se atopa dispoñible para a súa consulta e descarga de balde aquí (enlace descarga). 

A guía nace co obxectivo de ofrecer información clave sobre dereitos fundamentais, acceso a servizos públicos, deberes e marcos legais vixentes. Todo o contido foi elaborado cunha linguaxe accesible e un enfoque práctico, facilitando que as persoas da comunidade migrante poidan comprender e exercer os seus dereitos en igualdade de condicións

Esta guía enmárcase dentro do programa estatal “Todos os pobos, todas as persoas, todos os dereitos”, financiado polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, dentro dos programas de interese social con cargo ao 0,7% do IRPF (X Solidaria). Un proxecto desenvolto por Coceder nos centros: Portas Abertas, CDR la Safor, CDR Carrión de los Condes e CDR Afa Bierzo.

Ir al contenido