

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas anuncia o lanzamento dunha nova acción formativa dirixida a persoas que busquen mellorar a súa situación laboral e a súa capacitación profesional. Trátase do curso de «Carnicería e industria cárnica», integrado dentro dos «Itinerarios Integráis contra o despoboamento rural e a inclusión social», no marco do Programa Estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, (2021es05sfpr003) que va a comezar o vindeiro 27 de febreiro de 2026.
Este programa ofrece unha oportunidade de formación especializada nun sector con demanda de man de obra, facilitando así a inserción laboral dos participantes no seu propio entorno. Ao tratarse dun itinerario integral, as persoas inscritas contarán cun acompañamento orientado a fortalecer as súas posibilidades de atopar emprego.
As persoas interesadas en participar ou que precisen máis información sobre os requisitos e contidos poden poñerse en contacto directo co persoal técnico chamando ao 988 540 590.
Os itinerarios son gratuítos, están coordinados por COCEDER e están cofinanciados pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.