Novos itinerarios de inclusión e formación para loitar contra o despoboamento rural este 2026

Unha guía para coñecer e exercer dereitos das persoas migrantes
19/01/2026
Mostrar todo

Novos itinerarios de inclusión e formación para loitar contra o despoboamento rural este 2026

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas confirma a continuidade para este ano 2026 dos «Itinerarios Integráis contra o despoboamento rural e a inclusión social», no marco do Programa Estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, (2021es05sfpr003). Esta iniciativa, consolidada como unha ferramenta clave para o desenvolvemento do entorno, ten como obxectivo principal ofrecer acompañamento e formación a persoas que se atopan en busca activa de emprego ou que desexan mellorar a súa cualificación profesional.

Dentro da programación de este ano, Portas Abertas aposta por sectores con demanda real no territorio. As persoas participantes poderán inscribirse en accións formativas de carácter presencial nas especialidades de Carnicería e Viticultura, sectores estratéxicos para a economía rural da zona.
Ademais, co obxectivo de facilitar a conciliación e o acceso á formación desde calquera punto xeográfico, o centro ofrece formación en modalidade online centrada na atención sociosanitaria, un ámbito esencial para o coidado das persoas no medio rural.

Os itinerarios son gratuítos, están coordinados por COCEDER e están cofinanciados pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Ir al contenido